|
RIANXO |
-O
Pobo

O pobo de Rianxo
atópase na provincia da Coruña, situado no fondo da ría de Arousa. Constitúe unha
zona de transición entre o cordal
do Barbanza, o val de Quintáns e o esteiro do Ulla. Ten unha superficie de 59
km2 e está formado por seis parroquias: Asados,
O Araño, Isorna, Leiro, Rianxo e Taragoña. A sua
poboación é de aproximadamente 13.000
habitantes.
Rianxo dista 45 kilómetros de Santiago de
Compostela e 104 da Coruña capital, sendo a
estrada C-550 e a vía rápida do Barbanza as
principais vías de comunicación que atravesan o municipio.
O pobo pertence á comarca Arousa-Norte e no seu límite oriental,
a desembocadura do río Ulla, forma a división
provincial entre as provincias da Coruña e
Pontevedra.
|
-Información cultural
A
vida cultural foi unha das facetas históricas
máis importantes do municipio, cun importante
número de escritores nados na zona, como
Rafael Dieste, Brea Segade, Roxelio Pérez,
Manuel Antonio... pero hai que facer mención
especial de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao,
que exerceu de médico na vila e máis tarde
como técnico do Instituto Xeográfico e
Estatístico, fixando naquel intre a sua
residencia na provincia de Pontevedra. Castelao
é un dos galegos máis ilustres
como político, escritor e debuxante, pai da
Patria Galega.
|
-Turismo e festas

A
localización de Rianxo na ría de Arousa
confírelle un importante atractivo turístico,
sobre todo na época estival, con praias e mar
como principales imáns, permitindo o disfrute
de todo tipo de deportes náuticos, con boas
infraestructuras de amarres e servizos, a
través do Clube Náutico de Rianxo, pero sen
esquecer tamén o grande atractivo que
proporciona a paisaxe grazas a súa conservación
e os seus miradores; dende o monte de A Muralla,
na parroquia de Araño, divísase Rianxo e
toda a ría de Arousa, o Barbanza e a ría de
Muros e Noia, Santiago de Compostela, o río Ulla
e todo o seu entorno.
Dende o mirador de
Castro, na parroquia de Taragoña, vese todo o
val de Asados e Taragoña, a ensenada de Rianxo,
o Barbanza e a ría de Arousa; e dende o monte Pena,
na parroquia de Leiro,
domínase a desembocadura do río Ulla,
parcialmente a ría de Arousa e a ensenada de Rianxo.
Con
respecto ás romerías, en tódalas parroquias
hai celebracións patronais como a festa dos Milagres
do Araño en agosto, o Salvador en Taragoña en xulio,
etc. Pero as que máis destacan son: o Carmen
no mes de xuño, que se celebra en Taragoña e Rianxo, como zonas mariñeiras que son,
e, a máis importante de todas elas é a memoria da
Nosa Señora de Guadalupe, na capital municipal, o primeiro domingo de
septembro despois do día 8. Un dos
intres de maior emoción, aparte da procesión
marítima, é cando o día da
Virxe, ás doce da noite, tódalas
orquestas concentradas na praza da vila comezan a
cantar "A Rianxeira",
ininterrumpidamente, levando a xente que está
congregada na praza bengalas e velas.
|
-Qué ver

En
canto á arquitectura relixiosa hai que
destacar a igrexa parroquial de Santa Columba
de Rianxo, construida no século XV, pero con
engadidos de distintos estilos arquitectónicos
como o gótico, prateresco e barroco.
A capela de Nosa Señora da Guadalupe
ergueuse no século XVII sobre outra máis antiga
chamada Nosa Señora da Cruz, e
dende mediados do seculo XIX, acolle a imaxe da Virxe da Guadalupe, cunha talla
feita
en 1773 polo escultor rianxeiro Fray José de
Santiago. A ela fai referencia a máis popular
das cancións galegas: A Rianxeira.
Con respecto á arquitectura civil destacan un
bo número de pazos (palacios), ainda que a
conservación é distinta segundo os casos, sendo
os que presentan mellor estado, o de Martelo na vila de Rianxo, onde se sitúa actualmente
a biblioteca municipal; o de Viturro en
Rianxiño e os dous pertencentes á familia
dos Torrado, localizados en Asados e en Brión-Leiro.
Tamén son dignos de sinalar algúns hórreos,
entre os que destaca o de Araño, no lugar
de Traba, como un dos máis longos de Galicia.

Dentro da arte escultórica son varios os
cruceiros destacables, como o de A Capeliña de Laxe
Pequena en Taragoña, do século XVI, e o do Outeiro
de Asados, do século XVII.
E non esquezamo-las praias: A praia de Tanxil
foi galardoada no ano 2005 ca Bandeira
Azul da Unión Europea. Tamén existen outras
praias como a de Tronco, as Cunchas, a Torre,
etc..
Para
máis información sobre Rianxo podes visita-la
web do concello: |
|
|
|