En
xaneiro de 1991, coa axuda do Concello de Rianxo, e o
apoio da Cofradía de Pescadores, Asociacións
Mexilloeiras e outras entidades deportivas, culturais e
veciñais, realizáronse as primeiras instalacións coa
ocupación dos terreos situados na explanada de
Punta Fincheira. O acordo adoptado polo Concello no Pleno celebrado
o 4 de decembro de 1991, a
cambio da cesión do uso, fixou unha serie de vantaxes a
conceder polo Náutico ós veciños do concello de Rianxo.
Tras non
poucas dificultades e retrasos, e cunha importante
subvención da Xunta de Galicia a través da
Secretaría Xeral de Turismo, en Xullo de 1992
inauguraronse as primeiras instalacións. Estaban
integradas éstas por un pantalán con capacidade para 40
postos de atraque, unha rampa plataforma flotante para
botadura e recollida de embarcacións lixeiras, un pañol
para gardar embarcacións, e un local multiuso con
aula, oficina e aseos vestiarios.
No primeiro
trimestre de 1993, ampliouse o pantalán con seis novos
módulos, o que engadíu disponibilidade de outros
corenta postos de atraque. No ano 1996 realizouse a
derradeira ampliación, ca adición dun módulo flotante
de formigón armado, disposto en T ó final do
pantalán; con isto xeráronse tres novos amarres, un
grande e dous pequenos.

A mediados
do 2002, despois de realizar numerosas e prolongadas
xestións ante Portos de Galicia, executouse unha última
ampliación de instalacións consistente no fondeo de
tres módulos de formigón e un pantalán de enlace,
xerando novas prazas de amarre (22) que sóamente se
ceden en réxime de aluguer.
O Náutico
de Rianxo conta hoxe en día coas seguintes
instalacións e equipamiento de embarcacións:
-
Local social de usos múltiples con televisión e vídeo
-
Local para bar cafetería
-
Vestiarios e aseos, con instalación de auga fría e
quente
-
Pañol almacén para gardar embarcacións lixeiras
e outro material
-
Auga e luz en amarre
-
Iluminación nocturna
-
Aparcadoiro
-
Escola de Vela con dotación de barcos e equipo
complementario:
-
2 neumáticas semiríxidas con motor
-
2 veleiros barco – escola “Raquero”
-
4 veleiros “Vaurien”
-
4 veleiros “Cadete”
-
7 veleiros “Optimist”
-
1 remolque para transporte de veleiros de
vela lixeira
-
Rampla de varado
-
Pantalán flotante con “fingers”, auga, luz e enerxía
eléctrica, con capacidade para 118 amarres. Da totalidade dos postos de atraque, 77 corresponden a
socios por compra da titularidade do dereito de amarre e
as 41 restantes son propiedade do Náutico. As
prazas distribúense da seguinte forma:
AMARRES DISPOÑIBLES NAS INSTALACIÓNS ACTUAIS |
Tipo
de amarre |
Tamaño |
Número de amarres |
A |
6,00
x 2,50 |
10 |
B |
8,00
x 3,00 |
45 |
C |
10,00 x 3,50
|
40 |
D |
12,00 x 4,00 |
20 |
E |
14,00 x 6,00 |
2 |
F |
16,00 x 8,00 |
1 |
Total
118
|

|