|
LOCALIZACIÓN |
Situación
O Clube
Náutico de Rianxo atópase na provincia da
Coruña (Galicia) no pobo de Rianxo e dentro do
porto do mesmo, na ensenada que leva o seu nome, ó fondo da ría de Arousa,
e entre as puntas Fincheira e Porto Mouro.

(Fai
clic na foto para ampliala)
Facer clic aquí para ver máis fotos aéreas
Cómo
chegar
Por mar
Carta náutica
926
I.H.M., 415 I.H.M., 415 C I.H.M. y 4152 I.H.M.
Aquelas embarcacións que se encontren fóra da ría e
pretendan acceder ó Clube Náutico de Rianxo
procederán seguindo a canle principal descrita no
caso do C.N.D.de Ribeira. Unha vez dentro da
ría, superadas xa a península do Grove e a illa de
Sálvora, poñeremos rumbo a pasar entre o illote
Jidoiro Pedregoso e a illa Rúa. Esta canle, cuns
1.600 m de anchura e fondos de 60 a 70 metros, é a máis
segura e aconsellable para todas aquelas
embarcacións que se dirixan ó interior da ría. Unha
vez superada ésta pola súa metade, emendaremos o
rumbo para navegar ó 025 º ata superar a posición
punta de Cabío - punta Barbafeita, momento no que
caeremos 50 graos a estribor ata acadar o meridiano
008 º 50 grados,
ata
alcanzar o meridiano 008 grados 50´. Situados, emendaremos de novo para
navegar ó longo do meridiano en dirección N ata
situarnos fronte a bocana balizada do porto mentres
imos caendo pouco a pouco cara o NNE, evitando deste
xeito un baixo con 2,3 m de auga situado 0,4 m ó ESE
de punta Porto Mouro. A entrada deberase realizar
próximos ó dique S (baliza verde), onde se encontran
as instalacións do Clube náutico. A zona N está
ocupada pola flota de buques mexilloeiros, que
adoitan amarrar moi próximos á bocana e ós que se lles debe prestar atención.
Por
aire
Aeroportos máis cercanos |
Qm de distancia ata o clube |
Lavacolla en Santiago de Compostela
|
50 |
Peinador en Vigo |
76 |
Alvedro en A Coruña |
111 |
Por terra
Puntos de partida |
Qm de distancia ata o clube |
Santiago de Compostela |
45 |
Calcular
ruta |
Vigo |
74 |
A Coruña |
118 |
Pontevedra |
48 |
Orense |
141 |
Situación no mapa
Situación
de Galicia
no mundo |
 |
Situación
de A Coruña
en
Galicia |
 |
Situación
de Rianxo
en
A Coruña |
|
|
|
|